Barbañar, caer barbaña
Etimoloxía
Variante formal da palabra “babuñar” que se forma sobre “baba” que ten a súa orixe no latín vulgar *babam que se basea na fala infantil.
Exemplos *
“Unha mimosa frorida; / para barrufalo corpo / a ducha dunha orvalléira; / e para pintalo bico / amoriñas das silveiras.” (Florencio Delgado Gurriarán: “San Xosé”, A Bebedeira, 1934)
“Era un medo preminte do que só podía librarse no trato franco co mesmo mar, cos salseiros que baten na borda e barrufan na cara, o saibo ríspido e salgado da maruxía frieira nos días e nas noites de altamar.” (Manoel Riveiro Loureiro: O Patrón, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


