barrufeiro

Cabalo ruín

Etimoloxía

De orixe escura.

Exemplos *

“Paseniñamente foise acercando un barrufeiro achacío que traguía enriba do lombo dous corvos peteirando na carne podre.” (Manuel Roel Longueira: Contos e poemas dun autor ignorado, 1998)

“Na parroquia de Rodieiros a eso das tres da tarde apeábase un cabaleiro montado nun faco, (...), non podía chamarse un Pegaso o un Babieca, pero tampouco non era un barrufeiro.” (Antonio López Ferreiro: O castelo de Pambre, 1895)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.