Que fai barullo
Etimoloxía
Voz formada sobre a palabra “barullo” que vén do latín [in]volucrum ‘enredo’.
Exemplos *
“A barulleira ruada / ao durmido sol desperta, / quere rifar, mais non pode / porque seica ê de boa aquela, por antre o embuzo das nubens / amostra as louras guedellas.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Amañecer de san Xoán”, A Bebedeira, 1934)
“Corría o ano 1946 e tiñamos un verán fervente e afogaxado. Foramos a pé polo Valadouro, a carón do barulleiro río Masma, sempre a andar e andar cara ao mar. E o 5 de agosto, nas vésperas do san Lourenzo, patrón da vila, chegabamos a Foz.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


