basalto

Rocha moi compacta de orixe volcánica, de cor negra tirando a verde

Etimoloxía

Préstamo do francés basalte de significado semellante.

Exemplos *

“A serea dun barco sucou a vila e percibiu un estremecemento no corpo da súa amante, á que, cun pequeno intervalo, seguiu no decer dela á praia de laxes de basalto.” (David Pérez Iglesias: Estación Término / Cor de naufraxio, 1993)

“Nelas, as covas abertas nas súas pías de basalto, en moitos puntos branqueadas polas excrecións, aniñaba unha incrible cantidade de aves.” (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.