Xogador dun equipo de baloncesto, xeralmente o de menor altura, que se ocupa de dirixir o xogo.
Etimoloxía
Procede do latín basis, -is, de orixe grega, onde significaba 'pedestal'.
Exemplos *
"A figura do base Michael Jordan volveu se-la clave que salvou un partido mediocre e sen ningunha calidade porque os xogadores nunca tiveron nin o interese nin as ideas claras …" (O Correo Galego 13-02-1996)
"Os Pistons de Detroit descubriron como a combinación do base Joe Dumars e o aleiro Grant Hill pode se-la combinación perfecta para sacalos da mediocridade de xogo na que se atopan …" (O Correo Galego 01-02-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.