basta

Bordo inferior dunha peza de roupa dobrado cara a dentro e asegurado cunhas puntadas

Etimoloxía

Denominación que ten a súa orixe no xermánico *bastjan 'zurcir', 'coser'.

Exemplos *

“Nunca máis volvín separarme daquela foto. Levábaa comigo a todas as partes agachada na basta do pantalón, e cando quedaba a soas mirábaa e falaba con ela.” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)

“...agora estaba menos tempo con el, tiña que prescindir de velo fregando a louza ou escoitarlle a lectura daqueles libros que Santi Noreste lle recomendaba, mesmo se lle puña un punto de indignación cando Consuelo lle narraba os progresos daquela máquina de coser que remataba as bastas da roupa cunha velocidade simplificadora.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.