Cada unha das pezas que constitúen a decoración lateral dun escenario teatral e que consisten en teas ou papeis pintados colocados nunha armazón de madeira
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre “bastir” que bebe no occitano bastir, e este remite ao xermánico *bastjan 'zurcir, coser'.
Exemplos *
“Non é igual unha cociña pacega preparada polo escenógrafo con cartón pedra e bastidores pintados ca unha cociña pacega de verdade, con muros de pedra, sólidas mesas de madeira e fiestras polas que entra a luz do solpor.” (Xosé Cermeño: A televisión. Como se fai unha serie de televisión, 1993)
“E total, xa sabe que isto é unha función e no teatro, nas películas, as coiteladas son de mentira, non vai morrer, só quedar aparcado entre bastidores, fóra do escenario, do plató, entre os decorados de cartón.” (Marilar Aleixandre: A Compañía Clandestina de Contrapublicidade, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.