bata

Peza de vestir lixeira e cómoda, xeralmente aberta por diante, que se adoita poñer sobre a roupa para evitar que se manche ou como medida de hixiene

Etimoloxía

A orixe da palabra non está aínda clara, vincúlase aos termos ouate, do francés, do inglés wad e do italiano ovatta que designaba ‘algodón para forrar’

Exemplos *

“Metido nas súas cavilacións, lanzara un saúdo de despedida sen mirar para quen enfundaba aquela bata azul na portaría do edificio e foi por iso que non recoñecera a Pedro, un amigo dos que correteaban con el de neno por entre as casas de Ramírez en que viviran na súa infancia.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“Pola porta, nese mesmo intre, entraba unha muller cunha bata de cadros por enriba da roupa, desas que non teñen mangas.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.