batea

Viveiro que consiste nunha plataforma ancorada no mar da que penden varias cordas, onde se cría o mexillón ou outros moluscos

Etimoloxía

Termo que procede do árabe battiya ‘artesa’.

Exemplos *

“Efectivamente, Ray pilotaba coma un raio, tan rápido coma á súa máquina lle daba. Sorteando a ritmos de vertixe unha batea tras outra, e aínda non nos dabamos desfeito do outro barco.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

“Pancho, o patrón, seguía axexando pola xanela da ponte coa boina calada na cabeza e dando a sensación de que deixaba ir soa á embarcación xa que coñecía perfectamente o camiño e sorteaba as bateas de mexillóns fondeadas na zona.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.