Bebida escumosa que resulta de mesturar e bater leite con distintos ingredientes.
Etimoloxía
É o participio de bater, que procede do latín battuere 'dar golpes'.
Exemplos *
"Un batido de froitas con mango e laranxa, con plátano e mazá, dúas talladas de queixo encol do pan torrado, unhas papas de avea cunha culleradiña de aceite de oliva …" (Xavier Queipo: Papaventos)
"… tiñan que dedicar as súas horas de lecer a preparar queixos, baldes de manteiga, leite callado, batidos, iogures …" (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.