Alboroto formado por varias persoas que rifan / Ruído confuso producido por animais ou cousas
Etimoloxía
Termo produto dunha creación expresiva partindo do verbo “bater” que nos leva ao latín battuere ‘golpear’.
Exemplos *
“Quixen ir tras el, pero naquel preciso momento escoitei a través da porta da adega, que deixara Ben entre aberta, as voces de dous homes discutindo a berros. Baixei rapidamente cara a onde se escoitaba o batifondo.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“Estabamos no inverno, a lúa ía chea, era cabeza de marea viva e o mar estaba devalado ; por conseguinte, cando chegara a preamar, alá pola unha da madrugada, todo o porto ía ser un batifondo.” (Francisco Calo Lourido: Salseiros, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.