batracio

Anfibio, en particular a ra e o sapo.

Etimoloxía

Chegounos desde o latín científico, pero está tomado do grego batrakhos, -ou, ‘ra’.

Exemplos *

“No lugar que os nativos chaman o Batán, hai un regueiro inzado de batracios que peregrinan monte arriba …” (Xosé Vázquez Pintor: Os vellos oficios)

“… se ben é certo que a nós, amigos do fu en clave de folk, Milladoiro énos algo tan próximo coma o crecemento capilar lles é ós batracios, tamén o é que debemos recoñecer o papel da banda de Catoira …” (Pedro Feijoo Barreiro: Viva o fu remol! Ópera en cinco actos sobre a música ó pé da rúa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.