Grupo de naipes que se bota na mesa nunha xogada e que gana un dos xogadores
Etimoloxía
Vocábulo que tomamos do italiano bazza 'ganancia'.
Exemplos *
“Véselle ben; coa cabicha do pito a piques de esvarar do beizo, co sorriso no recanto dos labres. Os outros tres, algo máis novos ca el, mírano gozar da euforia, entre asombrados e incrédulos. Como soubo xogar a baza o vello cunhas cartas tan ruíns, nai que o pariu!” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)
“Homes nos peiraos ultimaban os avíos , e outros xogando as últimas bazas dunha partida no hostal Marbella , para seguir logo os rumbos xa vellos e sempre novos en busca dos caladoiros de sardiña.” (Arturo Romaní: Barlovento, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


