bear

Ovella, carneiro, cabra emiten a súa voz

Etimoloxía

Voz onomatopea.

Exemplos *

“(...) fai unha referencia analóxica desa enfermidade en animais, concretamente no carneiro de Tras os Montes, que presenta un cadro de astenia matutina, con forte compoñente melancólico, así como un bear disfónico e insomnio incoercíbel.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra / Mal de amores, 2010)

“En pouco tempo pásase do ruído ó silencio, roto unicamente polo bear dalgunha cabra ou ovella descarriada, e nunca mellor dito, que non ten sono e salta de penedo en penedo.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.