Neno pequeno, aproximadamente ata que ten un ano
Etimoloxía
A palabra é un préstamo do francés bébé.
Exemplos *
“Pendurado da parede , hai un calendario coa fotografía dun bebé que sorrí coa boca moi aberta.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)
“Foi un bebé precioso e, despois, a raíña do xardín de infancia, co pelo louro e longo anoado en dúas trenzas, e os vestidos conxuntados cos zapatos e os calcetíns que a señora Logan lle poñía cada día.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.