bebedela

Consumo, xeralmente excesivo, de bebidas alcohólicas

Etimoloxía

Vocábulo derivado que toma como base o verbo “beber” que, á súa vez, procede do latín bibere de significado semellante.

Exemplos *

“Unha noite na do Xurelo, coa taberna case baleira e a lingua desarrefecida pola bebedela, Óscar chegara a confesarlle que estaba desterrado na vila.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)

“Cando algún dos colectivos desta cidade facía un bo negocio, de inmediato repercutía positivamente no seu establecemento, pois a boa mesa e as bebedelas apreciaban un bo incremento.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.