bebedizo

Bebida que leva incorporada algunha substancia velenosa, medicinal ou máxica

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “beber” que nos leva ao latín bibĕre ‘inxerir un líquido’.

Exemplos *

“O sol saíra con forza despois de amainar a choiva, e os mercadores berraban chamando polos transeúntes para que fosen mercar nos seus postos. (...) Había porcos, galiñas, puchos e crías de cabalo, bebedizos que facían medrar o pelo, que quitaban as engurras e que outorgaban un vigor extraordinario a quen os probara.” (Natalia Carou: O alento nas costas, 2012)

“Noutra ocasión foi Fernando, o segundoxénito dun dos rexedores de Cangas, o que foi curado cun bebedizo que lle freou unhas febres e unhas dores de barriga que lle produciran unha dor insoportable.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.