bebedoiro

Lugar con auga onde poden beber os animais, xeralmente nunha fonte ou río onde hai unha pía na que se acumula a auga

Etimoloxía

Palabra formada sobre o participio pasado do verbo “beber” que procede do latín bibere ‘beber’.

Exemplos *

“Namentres lle preparaban un bocado, foi dar de beber á egua alí mesmo, no bebedoiro do gando da fonte.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón, 1997)

“Non faltan fontes cubertas e bebedoiros para o gando nesta aldea, perfectamente harmonizados e integrados na paisaxe formando un conxunto de grande beleza e interese.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.