Bebida de sabor ou aspecto desagradable / Bebida que contén ingredientes medicinais
Etimoloxía
Palabra derivada sobre a voz “beber” que procede do latín bibĕre.
Exemplos *
“Café non quero, mais a unha copiña desa beberaxe non lle diría que non. Óscar serviu café para el e coñac para Paco.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)
“–É un auténtico matarratos –apuntou el, cheo de suficiencia–. E iso que está ben rebaixado. Había de ser a beberaxe máis barata de todas as tabernas de París, a maneira máis económica de se embebedar.” (Xabier López López: Os libros prestados, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


