Salsa elaborada con fariña, leite e manteiga
Etimoloxía
Palabra cuxa orixe é o nome do gastrónomo Louis de Béchameil, e entra a través do francés béchamel ‘salsa branca’.
Exemplos *
“Apártanse do lume e mestúranse coa bechamel e quedan listas para servir.” (Manuel González Aguiar: O Correo Galego, 24-12-2000)
“Colleuno coas puntas dos dedos para non manchalo e suxeitouno entre a meixela e o ombro mentres seguía enchendo os pementos coa bechamel e as gambas.” (Anabel Alonso López: Café só/ A comida, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.