bedel

Persoa empregada nun centro de ensino encargada de manter a orde, anunciar as horas de entrada e saída de clase etc

Etimoloxía

Palabra tomada do occitano bedel onde significaba ‘oficial de xustiza’.

Exemplos *

“Mesmo chegou esbirrar con grande estrondo, chamando a atención da bedel, que lle fixo un aceno de comprensión maternal, pois era xa a segunda primavera que contemplaba a súa alerxia máis evidente.” (Paco Yañez: ...distancias..., 2008)

“Á mañá seguinte, nada máis entrar no instituto, vin a Fina a falar co señor Nicasio, o bedel, o que todos _profesores incluídos_ coñecemos como Patachula porque (...) ten a coxeira máis atractiva de todo o persoal docente e non docente dos centros de ensino da provincia.” (Xosé A. Neira Cruz: As cousas claras, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.