Ringleira de tellas, lousas etc., que sobresae dunha parede ou dun tellado.
Etimoloxía
Creado a partir do substantivo beira que vén do latín vulgar *baria 'beira', que se cre que ten orixe nunha voz prerromana.
Exemplos *
"Faltan quince minutos para as sete e os pombos están nos beirados irradiando seducións mentres as súas femias se deixan querer." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
"Pousouse nun estreito beirado." (Antón Lopo: Ganga)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.