Espazo á beira dunha estrada, xeralmente separado cunha liña, reservado para a circulación de peóns e vehículos de tracción animal, ou utilizado como zona de seguridade ou para deterse os vehículos en caso de necesidade nas autoestradas e autovías
Etimoloxía
Vocábulo composto pola voz “beira” que vén do latín vulgar *barĭa ‘ribeira’ e estoutra, “vía” do latín via ‘camiño’.
Exemplos *
“Nas franxas de estrada con zonas habitadas, as que están alumeadas por farois ao pé da beiravía, Mona vaise fixando nas siluetas das árbores que quedan por detrás da estela dos puntos de luz.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)
“Un home estraño. Máis estraño aínda se consideramos que camiñaba pola beiravía portando unha enorme maleta vermella.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


