beixo

Acción de beixar

Etimoloxía

O vocábulo “beixo” é unha voz procedente do verbo “beixar” que, á súa vez, chega a nós desde o latín basiare que significaba “dar bicos”.

Exemplos *

“Ela volveu espreguizarse e achegouse, chantándolle ao seu home un breve beixo e un longo abrazo, coma se aínda non saíse por completo do seu estado somnolento e seguise a buscar unha almofada onde recobrar o sono.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)

“Puxo un apartado de correos e en maiúscula non me busques, non o fagas, meu filliño. Enviaría por xiro postal o que fose gañando todas as quincenas. Despedíase cun beixo.” (Xabier Cordal: Relatos para televisión, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.