Expresión de agradecemento
Etimoloxía
Palabra que bebe no latín tardío benedictio, -ōnis de significado semellante.
Exemplos *
“Velaquí lle trago a empanada dereitamente do forno. É das súas anguías. —Non digas nada, filla. Das cousas que che me fai túa nai sempre fala moi ben o arrecendo. Beizón para vós as dúas.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)
“Xenebra téndelle o seu pan a Aldara que o colle bisbando "beizóns”. Xenebra tende a man a Carola para que lle dea a ela un novo anaco.” (Teresa Moure: Unha primavera para Aldara [acoutación], 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


