beleza

Calidade do que é belo.

Etimoloxía

Pénsase que procede do provenzal belleza ou do italiano bellezza que, á súa vez, deriva do latín vulgar *bellitia que significaba 'fermosura ou graza'.

Exemplos *

"E as falopas dos anos van caendo / sobre a sede inmortal e os ollos tristes / ¡pro no enterran a boca da ferida! / A beleza feriume para sempre." (Xosé María Díaz Castro: Nimbos)

"Mentres tanto nós, os mortais, contemplabamos enfeitizados a irrupción de tanta beleza no mundo." (María Teresa Otero Sande: Relatos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.