Porción pequena que se toma dalgunha cousa.
Etimoloxía
Deriva de beliscar, que procede da palabra latina velliscare, no latín clásico vellicare 'beliscar'.
Exemplos *
"Só hai que espremer as laranxas e o limón, bater os ovos, engadirlles o zume, o azucre e un belisco de sal." (Inma López Silva: Concubinas)
"A augardente e a conversa amigable coloreábanlle as fazulas, e as guedellas douradas que asomaban por baixo dun chapeu de cabaré berlinés engadían un belisco de picante á imaxe …" (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.