Cousa material ou inmaterial que se pode posuír
Etimoloxía
Palabra que vén do adverbio latino bene ‘ben’.
Exemplos *
“Esta igrexa figura no catálogo de bens culturais que recolle as normas urbanísticas de Sada e recibiu un investimento de 60 millóns de pesetas para a súa restauración.” (Manuel Monge: A Nosa Terra, 10-1-2003)
“O roubo do Códice Calixtino levantou a alerta sobre a custodia do patrimonio. Asociacións dedicadas á difusión e defensa dos bens patrimoniais galegos reclaman unha maior atención institucional no coidado dun tesouro que pertence a toda a sociedade.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 13-7-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


