benandanza

Dita e boa fortuna na vida / Suceso afortunado e ditoso

Etimoloxía

Voz que se crea con "ben” que precede do adverbio latino bene e "andanza” derivado sobre "andar” que procede do latín ambulare de significado semellante.

Exemplos *

“Non sabía conte-los límites do castigo e mesmo parecía que gozaba castigando. Non sospeitaba canto inflúe unha autoridade doce na benandanza dos súbditos. Non coñecía máis xustiza que a do emprego do ferro e do lume.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

“Os deuses de Epicuro viven na "intermundia”, fóra das andrómenas dos mundos particulares, gozando dunha imperturbabilidade e benandanza perfectas.” (M. Ríos Panisse: "De rerum natura de Lucrecio e Lanza de soledá de Aquilino”, en Grial, 24, 1986)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.