Situación que permite levar unha vida cómoda, sen problemas materiais
Etimoloxía
Palabra composta de “ben” e “estar” que veñen dos termos latinos bene e stare de significado idéntico.
Exemplos *
“O obxectivo xeral da moeda única é aumenta-lo benestar dos cidadáns de Europa.” (Xesús Corbacho: O euro e a construcción europea, 2001)
“Caer na inxenuidade de considerar a inmigración coma un fenómeno reversible sen que se realice unha mellor repartición do mundo ou, o que é peor, condenar intencionalmente as e os traballadores foráneos ao papel de espectadores das bondades que o sistema de benestar social occidental brinda á clase traballadora occidental.” (David Rodríguez: Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crack financeiro, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.