benevolencia

Disposición do ánimo que leva a favorecer ou ser comprensivo cos demais

Etimoloxía

Palabra culta que chega desde o latín benevolentia, -ae co mesmo significado.

Exemplos *

“Á ruliña ábrenlle un expediente no instituto e expúlsana a menos de mes e medio das probas finais. Por unha súplica de papá, a benevolencia de don Clarín e a influencia do alcalde permítenlle examinarse.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

“De llelas ter contado unha por unha as intencións todas, quizais a benevolencia rexia amosaríase máis uraña, máis oculta, menos franca.” (Xosé M. Fernández Castro: Premios Pedrón de Ouro1985/1986 - Segrel Charles, o asombrador, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.