benévolo, -a

Persoa ou cousa favorable ou comprensiva, sen dureza

Etimoloxía

Voz de orixe latina, benevŏlus ‘o que é propenso a facer o ben’.

Exemplos *

“Inmóbil sobre as pedras, Asger ficaba senlleira como unha serea que nacera dos coídos. O seu pai era mariñeiro e a nena sempre falaba co mar pedíndolle que fora benévolo con el.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“Cando o verán estaba no seu comezo e a meteoroloxía se tornaba máis benévola, chegaron a unha vila chamada Nérac, á beira do río Baise.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.