benignidade

Calidade de benigno

Etimoloxía

Termo culto que chega desde o equivalente latino benignitas ‘bondade’.

Exemplos *

“Hoxe en España vive no litoral máis do tercio da poboación do país, chegando a duplicarse nalgunhas zonas, durante a etapa estival, que no sur, chega a comprender pola benignidade climática, case a metade do ano.” (Manuel Ángel García Gallego e Berta Estrada Arias: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, 1996)

“Se frei Anselmo aínda gardaba algunha pequena dúbida verbo da benignidade das algas de Broustenac, esta esvaéuselle axiña.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.