bentos

Conxunto dos organismos animais e vexetais que viven sobre fondos mariños ou de augas doces, fixos, enterrados no substrato ou desprazándose pola súa superficie

Etimoloxía

Cultismo que bebe do grego benthós ‘profundidade do mar’.

Exemplos *

“Unha vez extraída do leito mariño unha columna de sedimentos, analízanse as proporcións de isótopos de osíxeno procedentes das cunchas dos foraminíferos, organismos integrantes do plancto ou do bentos e que se van depositando nos fondos a medida que morren.” (Pablo Ramil Rego e Luis Gómez-Orellana: Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia, 2008)

“Diminución da produtividade no bentos, consecuencia da menor transparencia das augas a causa da grande cantidade de materiais en suspensión, que dificultan a fotosíntese.” (Xavier Niell Castanera: Contaminación industrial e desenvolvemento / Mesa redonda encol de “Desenvolvemento económico e contaminación industrial na Galicia, 1975)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.