benxamín, -na

Fillo máis novo e predilecto

Etimoloxía

O termo procede do antropónimo latino Benjamin que, á súa vez, viña do hebreo biniamin ‘fillo da man dereita’.

Exemplos *

“A muller, nova, sentada nunha banqueta, aleitaba o benxamín.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

“A min, coido que por ser o benxamín e un neno de teta cando el era xa un mozo cumprido, queríame moito e agarimábame aínda mais que a vella.” (Xosé Fariña Jamardo: Golfaróns de sangue, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.