benxuí

Bálsamo aromático que se extrae por incisión da casca de dúas árbores da familia das estiracáceas, orixinarias do sueste asiático, utilizado en perfumaría e en medicina

Etimoloxía

Parece que é unha denominación árabe luban jaui ‘incenso ou resina de Xava’.

Exemplos *

“Pódese preparar unha tintura con cantárides e benxuí a partes iguais para aplicar tres veces ó día” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira, 1990)

“Todo será benxuí, olibán, mirra, incenso,// e sempre cara ti cima branca e nevada” (Charles Baudelaire: As flores do mal [trad. de Gonzalo Navaza, 2008])

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.