berce

Lugar de orixe.

Etimoloxía

Considérase que é unha forma de orixe celta, que finalmente nos puido chegar desde o francés antigo bers ou bez.

Exemplos *

“Terra, velaí a verba que reúne os nosos sentimentos máis íntimos no berce ancestral da cultura de Galicia.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego 26-11-2000)

“… Lugo deixará de ser a cidade somerxida que é, preñada de misterios e só visible por encanto, e emerxerá como a mellor síntese de Galicia e do ser galego, o máis alto cume da súa expresión e, á vez, o berce en que arrolou a súa alma …” (Carlos G. Reigosa: Xentiario)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.