Antigo coche de cabalos, cerrado, de portas con cristais, catro rodas e dous asentos
Etimoloxía
Préstamo do francés berlina cun significado semellante ao galego.
Exemplos *
“Sempre quixo supoñer que a alfaia fora roubada a unha dama branca de Salvador (...). Si, unha dona aristocrática que aínda viaxaba en berlina de cabalos cara a unha facenda inmensa do interior, onde non había tanto traficaran con escravos presos en enxeños de azucre.” (Daniel Asorey: Nordeste, 2016)
“O arcipreste de Loiro aparece como un octoxenario moi gordo, que senta resoprando e con bastante dificultade na berlina dunha dilixencia.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.