besbello

Insecto terrestre ou acuático que os pescadores de cana poden utilizar como engado

Etimoloxía

Pénsase que é unha creación expresiva formada partindo da raíz bis-.

Exemplos *

“A estas ladras dálles por facer os niños no curuto das árbores e non fun quen de atopalo, que se afixo a vagabundear e non volvía ó seu apousadoiro. Falando de comer, gustaba de papar carricolas, besbellos, carricantas e vinlle comer ras e limachas. Era de bo dente.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“As primeiras augas de Meira e Fonmiñá, noutrora inzando os prados de troitas e besbellos. O Miño come a pólvora salvaxe , a que chega no aire despois de estragar o rostro e os estómagos dos elefantes de granito que moran desde sempre en Atios, e son da cor rosa natural, gris de outono, cobre , manchas de branco...” (Xosé Vázquez Pintor: A tribo sabe, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.