best-séller

Libro que supera todos os demais polo número de exemplares vendidos en certo período de tempo.

Etimoloxía

Adaptación do inglés best seller que parece ser unha redución da frase best selling book 'o libro máis vendido' creado pola industria editorial en 1902.

Exemplos *

"De vostede depende convertelo nun best-séller ou que pase inadvertido." (Alfonso Álvarez Cáccamo: Catapulta)

"A unha páxina por hora, unha hora ao día, cinco días á semana, dez meses ao ano, escribiría dous libros de trescentas páxinas: un best-séller de revelación, un best-séller de confirmación." (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.