Obra literaria medieval, que describe as características de animais reais ou fantásticos coa finalidade de adoutrinamento moral
Etimoloxía
Palabra de orixe culta que bebe da latina bestiarius.
Exemplos *
“Camiñando entre a atmosfera boreal da avenida Nevski, bateu un día cun libro curioso, un fermoso bestiario de corpos humanos con barrocas cabezas de animais salvaxes, exposto no escaparate dunha librería de vello, moi preto dos almacéns Gostiny Dvor.” (Xabier Lama: Os moradores da nada, 1995)
“O seu mellor libro, din, é Noé Delirante. Eu non sei se é o mellor, mais abofé que nel se atopan algúns dos bestiarios máis enxeñosos, máxicos e imaxinativos que teño lido até o de agora.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.