bévera

Figo grande, de cor escura cando está maduro, que madura a finais do verán

Etimoloxía

Palabra que xorde do latín bifera ‘figueira que dá froito dúas veces’.

Exemplos *

“Cando sentiu o trote das cabalgaduras, saíu do seu taller e apoiouse na figueira que daba sombra á casa e béveras ó seu dono.” (Borobó: "Xoán Po'reás" burlador de demos (lenda fáustica), 1992)

“Ben os vin recollerse, que estaba eu escondido no medio dunha figueira, sentado nunha póla e comendo béveras a fartar.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.