biberón

Recipiente en forma de botella ao que se lle axusta unha mamadeira, que se emprega para alimentar artificialmente as crías dos mamíferos

Etimoloxía

Palabra que bebe da francesa biberon de significado semellante.

Exemplos *

“Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns, / de roupiñas pequenas e xoguetes de colores, / de risas, choros, agarimos, agarimos.” (Xela Arias: Darío a diario, 1996)

“Camila enviáballes algunha tarxeta con acontecementos cotiáns. "Tivemos tres años xemelgos, e hai que darlles o biberón. Onte fixen torta de amoras. Veu visitarnos Hilda con súa sobriña, e tróuxonos requeixo da casa e viño da Ribeira".” (María Xosé Castelo Lestón: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / O Carteiro, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.