bibliofilia

Amor aos libros e afección a coleccionar e conservar aqueles que son raros, únicos, valiosos

Etimoloxía

Termo formado polos elementos cultos gregos: biblio- ‘libro’ e -philía ‘amizade’.

Exemplos *

“Outro deses luxos aliviadeiros da tensión era a bibliofilia, conseguir exemplares de libros raros ou interesantes e, se cadra, ir onde os irmáns Brugalla, famosos encadernadores, para que lles puxesen unha fermosa cobertura.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

“Sen embargo, nós ficamos no Porto. Entre outras cousas, porque no Porto está unha das máis fermosas apotecas para aqueles que padecen o virus da bibliofilia, os doentes dos libros.” (Severino Penelas: Tempos Novos, 4-1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.