bibliografía

Conxunto de obras publicadas por un autor determinado / Conxunto de libros ou traballos publicados sobre unha determinada materia / Relación das obras utilizadas para a realización dun traballo

Etimoloxía

Voz composta por estoutras “biblio-” prefixo grego que significa ‘libro’ e “-grafía”, elemento de composición grego relacionado coa acción de escribir.

Exemplos *

“As tres editoriais acaban de publicar tres dos títulos da bibliografía de Stefan Zweig, o escritor austríaco de Entreguerras, en galego.” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, nº 7, 12-2018)

Diarios dun nómada (1993), O paso do noroeste (1996), Malaria sentimental (1999) ou Os kowa (2016) son exemplos, narrativos, da paixón polo movemento na bibliografía de Queipo.” (Daniel Salgado: Sermos Galiza, nº 35, 8-2-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.