Paixón desmesurada por adquirir, posuír e acumular libros
Etimoloxía
Termo que se forma co prefixo de orixe grega biblio- que significa ‘libro’ e -manía sufixo de orixe grego manía 'obsesión' ou 'afección'.
Exemplos *
“Logo do arranque do Curruncho Pop con Jamie Perrett e dos cinco filmes de Amal en Ruta, con boa acollida, recomenda o Concello non resistirse «á bibliomanía».” (AA.VV.: La Voz de Galicia, 19-2-2022)
“A bibliofilia e bibliomanía: o perenne amor ós libros e á lectura, que foi a súa gran paixón dende a adolescencia.” (X. Amancio Liñares Giraut: Ramón Martínez López, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.