biblioteca

Conxunto ordenado dun número elevado de libros particulares ou destinados á lectura do público.

Etimoloxía

Tomouse do francés bibliothéque, formado a partir do grego biblion 'libro' e teke 'caixa'.

Exemplos *

"Alí, se tiñas tempo, podías parar na Biblioteca Municipal para consultar a súa magnífica colección de libros de inventos." (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)

"E en Bagdag, que tamén fun alí, hai madrassas, que son como as nosas igrexas, igual de enormes, e unha biblioteca na que hai máis libros ca en toda Venecia xunta." (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.