Persoa que ten ao seu cargo o coidado e conservación dunha biblioteca
Etimoloxía
Palabra que procede do latín bibliotecarium de significado semellante
Exemplos *
“Deste xeito, mentres pidamos libros dos que o bibliotecario trouxo, iremos moito máis tempo.” (Emilio García Roselló: Guía de Introducción á Informática, 2000)
“Só ao fondo, sentado na mesa coas pernas baldeantes e ridículas, veo ao bibliotecario que me observa, mentres as súas mans introducen entre as páxinas apegadas dun volume novo un abrecartas de prata.” (David Pérez Iglesias: Estación Término / Bibliotecas, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.