biblioteconomía

Técnica da conservación, organización e administración das bibliotecas

Etimoloxía

Vocábulo creado sobre “biblioteca” (a partir do grego biblion- 'libro' e -teke 'caixa') ao que lle engade a terminación “-nomía”, ‘conxunto de leis ou normas’, que remite ao grego nomía que se forma desde nomós ‘lei’ ou ‘norma’.

Exemplos *

“O seu periplo non remataba nas latitudes de Oceanía e a finais dos 50 García Durán xa andaba por Detroit (EUA), onde estudou biblioteconomía e colaborou con diversos medios de esquerdas.” (Xesús Manuel Piñeiro: Nós Diario, 6-7-2016)

“Tamén hai que subliñar que os métodos de traballo en biblioteconomía eran moi atrasados, descoñecendo, por exemplo, cuestións derivadas do préstamo de libros a domicilio, a ordenación por materias ou seguindo a Clasificación Decimal Universal, a cooperación entre bibliotecas, etc.” (Xurxo Salgado [entrevista a Francisco Redondo]: Galicia Confidencial, 5-3-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.