Torta de fariña, ovos, azucre, manteiga e outros ingredientes
Etimoloxía
Vocábulo que se relaciona con “bico” e este co celta beccu ‘peteiro’ ou ‘bico’.
Exemplos *
“...chegou unha semana antes dende Buenos Aires nos barcos de Bruñel: pano sedán, liño novo, rendas e fitas de cores, e catro carneiros de manteiga, bolos de fariña munda, bica e melindres de María de Aneiros, que ía e viña coas mulleres de acá para alá mentres o Bernabé ofrecía augardente ós seus invitados.” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)
“Foi unha tarde de café con bica de millo, ao lado da mesa había unha maceta cunha póla murcha.” (María Xosé Castelo Lestón: O último abril/ Obras breves de imaxinación, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.